Esta fin de semana celebrouse o XXI Campionato de España de Augas Abertas en Sevilla, no río Guadalquivir, donde Alex Lages se proclamaba Campión de España Junior 1 nos 7’5 km. Logo de facer unha proba moi intelixente impúxose nun final de carreira frenético, que terminou ao sprint, dándolle praza directa para o campionato de Europa Júnior que se celebrará en Malta do 13 o 15 de Xullo.
Por outra banda Manuel Tomé foi medalla de Bronce na proba Junior 2, na distancia de 10 km, mentres nos 5 km rematou no posto 11º. Por último, Manuel Davila acadou o 8º posto nos 10 km e nos 5 km rematou no posto 14º da proba absoluta.
Gran campionato no que o club acadou a 2ª posición no ránking masculino con 51 puntos, so superado polo CN Mataró.
Noraboa a todos!