Noticias

Travesía a Nado Praia De Coroso XXIV Edición

Mañá, Martes día 15 celébrase a tradicional Travesía a Nado Praia De Coroso na súa XXIV Edición. Será proba puntuable para o circuíto Galego de Longa Distancia sobre un percorrido de 2500 metros. Tamén haberá unha distancia Popular sobre 1250 metros e unha para Menores de 400 metros.

Esta é a 6ª Travesía de 9 que conforman este Circuíto.

Están inscritos máis de 160 nadadores de toda Galicia e Norte Portugal.

A proba Popular dará comezo as 11.00 horas e a proba de 2500 puntuable para o circuíto será as 11.45 horas. Os menores as 12.45 horas.

Sorte a todos!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *