Noticias

Primeira Xornada Alevin/Benxamin 18/19

Os nadadores do club natación Ribeira, en categorías Benxamín e Alevín, tiveron o pasado 17 de Novembro a primeira competición da tempada 2018/2019 na piscina de Santa Isabel en Santiago, na que se enfrontaron a Cidade de Santiago, Arzúa e Boiro.

Foron 20 os nadadores que representaron ao club este pasado fin de semana, acadando uns resultados magníficos. Ademais lográronse 6 mínimas para o campionato Galego Alevín e a mínima no relevo do 4×200 Libres Feminino na que participaron Andrea Ibañez, Ana Rey, María López e Laura Daniela Cardenas. Marta Rodríguez e Dario, tamén estiveron moi preto das mínimas do campionato galego.

Tempos das mínimas 

Ana Rey
  • 400 L 5.21.56
  • 400 X 6.04.37
Andrea Ibañez 
  • 400 L 5.07.83
  • 200 E 2.46.59
Maria López
  • 400 X 6.22.69
  • 100 B 1.34.97

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *