Club

CLUB NATACIÓN RIBEIRA

Breve Historia do noso Club.

O Club Natación Ribeira fundase no Ano 1993 para Impulsar e Fomentar a Práctica da Natación no Concello de Ribeira e na Comarca do Barbanza. A filosofía do Club sempre foi e seguirá sendo a formación de deportistas en valores como o traballo, o esforzo, a dedicación,  tolerancia, respecto, o compañeirismo e os hábitos saudables.

O Club Natación Ribeira dispón ademais dunha sección de Triatlón e outra de Natación Master, atendendo á demanda dos socios e persoas vinculadas ao mundo do deporte tanto de Ribeira como do resto da Comarca do Barbanza.

Na nosa entidade a día de hoxe temos integrantes de todos os Municipios da zona e un convenio co Concello de Boiro onde naceu unha Escola de Natación e Triatlón.

Unha das cousas que mais nos enorgullecen son as Escolas de Natación e Triatlón que tan bos resultados nos deron ao longo da nosa historia, sacando deportistas Internacionais de gran nivel.

O Club consta de todas as categorías, participando e competindo nas ligas Galegas de Natación e Triatlón.

En Natación: Promesas, Benxamíns, Alevíns, Infantís, Juniors, Absolutos e Máster.

En Triatlón: Prebenxamíns, Benxamíns, Alevíns, Infantís, Cadetes, Juniors, Sub23, Absolutos, Veteráns.

Ademais estamos moi orgullosos de achegar  a Natación e o Triatlón aos Colexios e A.N.P.A.S  que nas súas actividades extraescolares así o demandan, cun programa denominado “ Natación Escolar” “Ningún nen@ sin Nadar” en colaboración co Concello de Ribeira.

Nos veráns organizamos un Campus Deportivo que obtivo moi boa acollida dende a súa creación, e que pasou a chamarse Campus Deportivo “María Vilas” no 2016, debido aos éxitos que obtivo a nosa nadadora mais laureada, facendo historia na nosa Comarca e tamén en Galicia coa súa clasificación para as Olimpiadas de Río2016 e a súa Medalla no Europeo de Londres, sendo a única nadadora Galega en ter este prestixio.

 

Club Natación Ribeira