O pasado fin de semana celebrouse en Pontevedra o Campionato de España infantil de Natación, onde a nosa nadadora Ana Buceta competía nos 100, 200 e 400 libre. As boas sensación plasmadas fai un mes no campionato Galego facíanos esperar un mellor campionato no que acabamos cun posto 38 nos 100 libre e 25 e 46 nos 200 e 400 libre respectivamente.
Toca facer balance e seguir traballando para corrixir os erros e tratar de chegar o mellor posible de cara aos vindeiros campionatos de verán.