Noticias

Campionato Galego Absoluto de Inverno. Pontevedra 2019

Finaliza o Campionato Galego Absoluto de Inverno en piscina de 25 metros en Pontevedra.

O papel do Clube Natación Ribeira resúmese nunha mellora de marcas por parte de todolos integrantes do equipo, destacando a medalla de prata de Martin López no 100 Braza cun tempo de 1.04.18.
Pero sobretodo quedámonos cunha gran experiencia de equipo, onde Uxia Mariño, Andrea Ibañez e Enrique Goday todavía Infantiles, fixeron un papel espectacular meténdose en finais e facendo relevos a moi bo nivel, tendo en conta que o campionato era en categoria absoluta.

Pero se falamos de xogar un bo papel, non se nos pose olvidar un triatleta que leva toda a vida ligado a este clube, Jorge Gonzalez Mariño. Abraiante actuación deste deportista becado no CGTD.

Por ultimo, destacar a sorte que temos de contar cun dos mellores triatletas nacionais no equipo de natacion, é o caso de Guillem Montiel,Catalan afincado en Galicia e compañeiro de adestramento de Jorge Gonzalez. Non so fixo unha actuación impecable no campionato Galego de natación senon que integrouse no noso equipo como un mais dende o primeiro dia.
Agradecer dende o equipo técnico e a directiva do clube o sacrificio mostrado nestes dias e o bo compañerismo por parte dos nosos nadadores.

Grazas e Feliz Aninovo.

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *